A Noite Galega das Telecomunicacións achega o seu programa de actividades

luns, 22 de outubro do 2012 Redacción

A nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións, que organizan este venres 26 o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), desenvolverase seguindo un fío temático ben definido: os espazos urbanos, ligados intimamente ao coñecemento e á comunicación, resultado da suma dos diferentes elementos que son os fogares dixitais. Falamos das smart cities, cidades intelixentes, un concepto de espazos urbanos comprometidos co seu contorno, onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas avanzadas para facilitar a interacción das persoas cos elementos urbanos. Por certo que a Noite, a número XVII xa, ten lista o seu programa de actividades. Comezará ás 20.00 horas no Gran Hotel da Toxa, coa recepción de patrocinadores.
Ás 20.15, informan as entidades organizadoras, recíbese ás autoridades para dar comezo á Noite, propiamente dita, ás 21.00 horas, presentándose Smart cites, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns e, un pouco máis tarde, procedéndose á entrega dos premios convocados. Ás 21.35 horas está previsto que arranque a cea de gala.

Na cita das telecomunicacións é habitual contar con autoridades do Goberno galego

Como dixemos, a Noite tratará a cuestión das cidades da futuro, unha cuestión de fondas e amplas implicacións, presentes e sobre todo futuras. Así, amais de reunir e abranguer a unha boa cantidade dos nosos profesionais ligados ás telecomunicacións e ás novas tecnoloxías, do ámbito privado e do público, a cita cubrirá vertentes nos eidos enerxético, asistencial, turístico e do lecer.
Segundo a organización, “no ámbito das smart cities interveñen múltiples disciplinas referentes á mobilidade urbana, a seguridade, a teleasistencia, a administración electrónica, etc.”
Ao fío do devandito, a Noite contará co apoio das empresas máis importantes dos ditos sectores, “sen as cales”, sinala a AETG-COETG, “non sería posible a celebración do evento”.
A cita, engádese, será unha cita para participar activamente no intercambio de ideas e experiencias e máis na xeración de novas oportunidades de negocio.

Programa da xornada

PUBLICIDADE