A Mesa felicita ao Goberno e a ERC por querer blindar a igualdade das linguas na Lei do Audiovisual

venres, 29 de outubro do 2021 S. P.

A Mesa pola Normalización Lingüística segue adiante coa súa loita para reivindicar os contidos en galego nas canles e plataformas públicas estatais, unha loita que recibiu este 29 de outubro un novo e importante apoio: o acordo asinado polo Goberno español e a ERC destinado a blindar a igualdade das distintas linguas do Estado na Lei do Audiovisual. Acerca desta importante novidade, A Mesa lembrou que as forzas políticas galegas amosaron en múltiples ocasións a súa unanimidade neste sentido.
“Onte mesmo”, recorda o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “o Concello de Santiago aprobou por unanimidade a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado e axiña farán o mesmo o resto dos Concellos do país, como xa fixeron tamén todas as forzas políticas do Parlamento Galego en dúas ocasións e como recordou o BNG no Congreso en datas recentes”. A entidade de defensa da lingua espera, polo tanto, que o galego reciba un tratamento igualitario nas cotas que se estabelezan.

PUBLICIDADE