A MPAA persegue o peche de Cinematube.net e Ssupload.com

venres, 28 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A MPAA, entidade que protexe os dereitos de propiedade intelectual do cine nos EE.UU., está a ter problemas para loitar contra a piratería na Internet, e na actualidade está a intentar o peche dun par de servidores web que publican as últimas películas aparecidas no cine directamente no navegador de Internet valéndose de vídeos hospedados en distintos servizos, atopando moitos atrancos en tal tarefa.
As webs obxecto das accións xudiciais da MPAA son Cinematube.net e Ssupload.com, estando o primeiro en Malaisia e o segundo en Arizona, acadando máis de 24.000 e 55.000 usuarios únicos cada día respectivamente.
Polo momento xa contactaron cos responsables das webs mencionadas para advertilos de que, de non someterse á lexislación vixente deberán enfrontarse ás consecuencias dos seus actos, aínda que hai que destacar que fóra das fronteiras dos EE.UU. resulta moito máis complicada a toma de medidas efectivas contra este tipo de prácticas.

PUBLICIDADE