A&M Quality anuncia os seus cursos de formación en marketing en liña para traballadores do sector
xoves 9 de febreiro do 2012, por |

- Lolo Rey, do estudio de deseño Loroestudio, é o encargado de impartir os cursos
A consultora de formación A&M Quality, colaboradora da Fundación Tripartita, vén de facer pública a súa listaxe de cursos bonificables para este ano en materia de marketing en liña, destinados a traballadores en activo de empresas membros da cámara.
Os cursos ofertados, de 300 horas cada un, son Técnico superior en community management; Técnico superior en xestión de blog + web 2.0 con Wordpress 3.1 Profesional; Técnico superior en xestión de campañas de publicidade en liña con Google Adwords; Experto en Marketing en liña e posicionamento web e Técnico superior en marketing dixital, redes sociais e web 2.0.
O encargado de impartir todos estes cursos será o experto en marketing en liña, Lolo Rey, director propietario do estudo de deseño e comunicación Loroestudio, que conta cunha importante experiencia profesional no sector.
Sen ir máis lonxe, Rei desenvolveu a estratexia social media e móbil do Clúster Audiovisual Galego, e é colaborador asiduo nos eventos de social media máis relevantes do país, como o que tivo lugar recentemente no Hostal dos Reis Católicos da man de Telefónica España: TIC e Social Media: claves para a competitividade.
Segundo este experto, “hoxe en día non se entende unha empresa sen unha boa estratexia e presenza nas redes sociais”, e en resumo, xa que non se trata só de ter unha páxina profesional en Facebook para promover os nosos servizos, ou un perfil en Twitter no que informarse e comentar o que se move no sector; tamén se trata de interactuar noutras plataformas como Linkedin ou mesmo ir máis alá e integrar unha plataforma de mensaxería sms na nosa estratexia de marketing en liña.
Para isto, Lolo Rey pretende formar ao persoal interesado na comunicación en liña con cursos á súa medida, a través dalgunha das devanditas actividades formativas. Todos os cursos teñen soporte virtual, e contan cun grupo propio en Facebook que os alumnos e alumnas poderán usar no seu proveito.
Por exemplo, poderán presentar os seus proxectos a través del, poñer en común cuestións relacionadas co seu labor nas redes sociais dentro das empresas, poderán atopar solucións a dúbidas ou problemas que xurdan, atopar documentación e información sobre as novidades de ferramentas e accións nos social media do sector, promover as súas firmas na Rede... e un amplo abano de opcións que dependendo do curso serán máis ou menos vantaxosas.
Os cursos son bonificables a través da Fundación Tripartirda, polo que as empresas que o desexen poden poñerse en contacto coa consultora A&M Quality vía correo electrónico (formacion@sygconsultores.com) e consultar tanto o prezo como o crédito do que dispoñen para a formación dos seus empregados, podendo realizalo incluso de balde.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















