A Lei de Administración Dixital de Galicia avanza na súa tramitación
martes, 20 de novembro do 2018
O Anteproxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia
(LEDIXGA) continúa
a súa tramitación tras ser aprobado na comisión de persoal da Xunta de Galicia
co voto favorable de todas as organizacións sindicais. A CIG, CCOO., CSIF e
UXT amosaron a súa conformidade co articulado sometido a votación.
A LEDIXGA busca acadar un marco normativo único para
consolidar unha administración integramente dixital, máis accesible e proactiva
baseada en tres principios; só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en
poder da Administración; a proactividade, empregar a información que a
Administración ten do cidadán para prestar servizos personalizados e adiantarse
ás súas necesidades e a automatización dos procesos para conseguir unha xestión
máis eficiente.
O anteproxecto de Lei estrutúrase en oito tÃtulos e 127
artigos que adaptan as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015 á realidade do
sector público autonómico para regular os aspectos fundamentais que permitan
universalizar o uso e o acceso da cidadanÃa aos servizos públicos dixitais, asÃ
como os instrumentos de funcionamento interno para a xestión dixital da
Administración.
Oficinas de atención á cidadanÃa e funcionario habilitado
Entre as principais novidades da Lei está a transformación
das actuais oficinas de Rexistro nunha Rede de oficinas de atención á cidadanÃa
nas que se prestará asistencia aos cidadáns na xestións online coa
Administración, tanto na presentación de escritos, solicitudes e documentación
como na tramitación da identificación dixital ou na formalización de
apoderamentos de representación.
Nesta liña, o anteproxecto de Lei tamén establece a posta en
marcha da figura do funcionario habilitado, que posibilitará que unha persoa
autorizada ou un funcionario poda realizar trámites telemáticos en nome doutra
persoa. Con tal fin, a norma establece a creación do Rexistro electrónico xeral
de apoderamentos.
Capacitación dixital
A norma define, por primeira vez, a creación dun marco
galego de competencias dixitais, tomando como referencia o marco común da
Comisión Europea nesta materia, para que os cidadáns poidan acreditar os seus
coñecementos dixitais e mellorar as súas competencias profesionais. Ademais,
promoverase a inclusión dixital con actuacións de formación en función do nivel
(alfabetización, capacitación e innovación dixital), na que a Rede de Aulas
CeMIT constituirá un instrumento de apio importante.
Asà mesmo, a lei contempla a definición dun Plan de
capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que
traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá acadar o
certificado galego de competencias dixitais.
Posto de traballo dixital
Senta as bases para o desenvolvemento do posto de traballo
dixital do empregado público, coa dotación de medios para a realización do
desempeño no novo contexto dixital, acceso remoto ou teletraballo, mobilidade,
que deberá permitir: ouso de escritorios e aplicacións corporativas en calquera
dispositivo e lugar; o emprego de terminais ou dispositivos adaptados aos
perfÃs dos empregados públicos; e posibilitar contornas de traballo
colaborativas e a creación de redes de usuarios con actividades comúns
Neste eido xa está en marcha o Plan de xestión e dotación de
medios TIC con medidas como a dotación de novo equipamento, a homoxeneización
do software e a centralización das ferramentas de xestión dos equipos.
Avaliación e seguimento
Para facilitar o seguimento dos avances na dixitalización e
o seu impacto tanto no funcionamento interno como na relación cos cidadáns a
norma contempla a creación dun sistema de indicadores da administración
dixital. A análise da información que proporcione o sistema, xa en marcha,
permitirá introducir melloras na implantación dos servizos.
Ademais, aposta pola potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e
a Modernización Tecnolóxica de Galicia como órgano asesor dixital para a
extensión da modernización tecnolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia.