A LaconNetwork celebrarase o vindeiro venres nun novo espazo de coworking en Ourense
martes, 26 de novembro do 2013
O encontro gastronómico galego de emprendedores “coa cabeza
nas nubes”, a LaconNetwork, chegará á súa edición número 45 o vindeiro venres,
cando desprazarase ata a cidade das Burgas, concretamente ata o novo espazo de coworking Magma Espacio, para que os asistentes, aparte de
compartir un xantar e a correspondente sesión de networking con outros emprendedores e profesionais do sector
tecnolóxico galego poidan coñecer de preto este novo local destinado ao coworking.
A LaconNetwork supón desta volta unha excelente oportunidade para coñecer o
último espazo de coworking aberto en
Galicia, así como contribuír á relación de profesionais galegos do sector TIC,
que se fomenta en boa medida ao trasladar este tipo de encontros por toda a
nosa xeografía.
Os interesados en acudir poden inscribirse
vía web, aboando 15 euros para sufragar un xantar que consistirá nuns
petiscos variados (empanada, lacón, tortilla, sobremesa e café).