A Internet está a piques de superar á prensa en penetración

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A segunda onda de 2010 do Estudo Xeral de Medios (EGM) vén de dar a coñecer so seus datos (podemos descargar un resumo en formato PDF), reflectindo o feito de que a penetración da Internet fronte á dos xornais impresos está só a 2 puntos de distancia, e de considerarse só aos menores de 65 anos teriamos que a Rede xa ten unha audiencia acumulada superior á prensa, o que marca un punto de inflexión moi claro, pois non hai que esquecer que os grupos demográficos máis interesantes para os anunciantes pertencen a rangos de idade nos que a Internet supera aos xornais en penetración de xeito significativo.
Cos datos do EGM podemos asegurar que ata os 45 anos de idade a Internet ten máis audiencia que a prensa, confirmando que estamos ante unha diferenza xeracional, e é de agardar que no futuro a penetración da Rede continúe a medrar, mentres que as publicacións impresas non paran de reducir a súa distribución, de aí que o cambio de paradigma nos medios está preto de producirse.

PUBLICIDADE