A III edición da xornada de usuarios de R celebrarase na Facultade de Matemáticas da USC

luns, 10 de outubro do 2016 Redacción

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) servirá de centro de reunión para a III Xornada de usuarios de R en Galicia. Un encontro que se levará a cabo o xoves 20 de outubro e que está organizado pola Oficina de Software Libre do CIXUG, patrocinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC.
O eixo que moverá esta xuntanza será partillar coñecementos e experiencias, amais de socializar e contactar con axentes e grupos de traballo.
Para as persoas interesadas en asistir a esta xornada dicir que a inscrición é de balde e de libre acceso, mais cómpre inscribirse a través da propia web do encontro. De non poder asistir ao evento, existe a posibilidade de seguir a sesión a través de Internet.

PUBLICIDADE