A Fundación Xeito Novo ofrece de balde cursos en liña sobre comercio en rede

xoves, 30 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

A Fundación Xeito Novo vén de anunciar novas actividades divulgativas en liña, a desenvolver de balde para os asistentes-internautas a través de plataformas de teleformación de vangarda. A nova achega, que conta co apoio do Ministerio de Traballo a través da Dirección Xeral de Emigración, tres accións formativas de carácter práctico: Como tomar decisións baseadas en custos e prezos, Investigación de mercado e eMarketing (comercio en rede). Grazas á metodoloxía elixida, a apendizaxe apoiada nas novas tecnoloxías, o alumnado poderá recibir toda a información precisa dende o PC, informa Xeito Novo, “sen necesidade de trasladarse a centros de capacitación”.
Os cursos, que terán un titor de xeito permanente, diríxense a persoas con nacionalidade española.
Para máis información sobre a matrícula e os contidos, cómpre visitar a páxina da Fundación.

PUBLICIDADE