A Fundación Vodafone premia a proxectos tecnolóxicos ao servizo da atención á dependencia

martes, 1 de decembro do 2015 Redacción

Esta mañá fíxose entrega en Compostela dos IX Premios Vodafone á Innovacíón en Telecomunicacións, cos que a Fundación Vodafone quere destacar os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para así favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade. Deste xeito recoñeceuse ao proxecto asturiano Lazzus de Neosentec dentro da categoría Aplicación Mobile for Good; na categoría M2M Mobile for Good resultou gañador o proxecto Visualfy da empresa valenciana Fusió d’Arts Technology e, por último, o proxecto Telelctus Móvil, presentado polo neurólogo Marc Ribó do Vall d’Hebron Research Institute (VHIR) de Barcelona, veneu na categoría de Solución TIC Mobile for Good.
A xornada foi clausurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen incidiu nas vantaxes do uso das TIC para facilitar a prevención e a atención de persoas de avanzada idade ou con discapacidades, o que resulta de especial interese no caso galego, xa que o 23% da nosa poboación ten máis de 65 anos e máis de 200.000 persoas teñen recoñecido algún tipo de discapacidade. Precisamente nesta liña Galicia é unha comunidade pioneira na dixitalización dos servizos sanitarios, con servizos como a historia clínica dixital ou a receita electrónica, xa implantada no 100% dos centros e farmacias galegas.
Feijoo salientou que actualmente estase a traballar en programas como o Fogar Dixital Sociosanitario, que facilita que persoais maiores ou con discapacidade adquiran un grao de autonomía que lles permita seguir residindo nos seus fogares con apoio e supervisión preventiva.

Neosentec, Fusió d’Arts Technology e o VHIR recibiron o recoñecemento polos seus proxectos nestes premios organizados pola Fundación Vodafone España

PUBLICIDADE