A Fundación Camilo José Cela utiliza códigos QR para atraer aos peregrinos

xoves, 1 de agosto do 2013 Redacción

Para incentivar aos peregrinos do Camiño de Santiago a visitar a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia (Padrón) ponse en marcha unha campaña promocional consistente nunha serie de carteis que inclúen códigos QR que facilitarán entradas a prezo reducido (2 euros) e un exemplar dunha obra dun escritor galego, animando tamén a visitar o blog da Fundación, no que dan conta que durante o mes de agosto a Casa Museo estará aberta de 10:00 a 21:00 horas, programándose as visitas guiadas ás horas en punto.
A Fundación proponse como “un bo lugar para facer un alto no camiño”, tal e como amosan os carteis que repartíronse en albergues, oficinas de turismo, bares e diversos lugares de Padrón e arredores, buscando achegar aos peregrinos ao Museo, como un xeito máis de impulsar a visita ao legado de Camilo José Cela. Aínda que a campaña vai dirixida a peregrinos, está aberta a calquera turista que se achegue a Padrón.

PUBLICIDADE