A Fox estrea blog

mércores, 16 de maio do 2007 Marcus Fernández

A canle televisiva Fox ábrese á súa audiencia grazas á creación dun novo blog, xestionado por Weblogs, S.L., e que parte dun proxecto persoal da blogueira coñecida como Chica de la Tele, e que achegará ós lectores novas, curiosidades e reflexións interesantes sobre as series que se emiten na canle que se pode achegar tanto a través da plataforma de satélite Digital+, do operador galego do cable, R, e de Imagenio.
Dende o novo blog os usuarios non só terán un espazo para realizar comentarios e suxestións, senón que tamén se poderán achegar máis á canle televisiva, polo que poderán coñecer os motivos de cambios de programación inesperados ou os fallos na emisión, xa que os responsables da bitácora queren amosar a cara humana que hai trala canle que destaca pola súa aposta polas series de ficción que son todo un referente na televisión estatal.

PUBLICIDADE