A Fonera xa é unha realidade

luns, 2 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Martín Varsavsky amosa a FoneraO proxecto de Martín Varsavsky para montar unha grande rede Wi-Fi chamada FON vén de dar un paso adiante moi importante, xa que finalmente remataron a produción duns routers deseñados especificamente para compartir o acceso á Internet cos membros da rede FON.
O novo dispositivo recibe o nome comercial de Fonera, e véndese a 5 euros (máis gastos de envío) e que conectada á noso sistema de acceso á Rede establece dúas redes Wi-Fi (unha privada e para uso particular, e outra que será coa que se comparta a conexión á Internet con outros membros da comunidade).Ata o momento FON traballaba mediante unha actualización do firmware dos populares routers Linksys WRT54GS, pero agora xa conta cun router especificamente creado para a súa rede e Varsavsky incluso comentou a posibilidade de que nos vindeiros meses lancen versións máis avanzadas deste novo router (con soporte de dispositivos USB e outras interesantes prestacións).
Este tipo de novidades parecen indicar que o proxecto de FON ten moito futuro e boa saúde, en boa medida pola boa sona que acadan na Internet grazas ó achegamento de routers Wi-Fi a un prezo subvencionado.

PUBLICIDADE