A First Lego League xunta este sábado en Ferrol unhas 600 persoas
venres, 17 de febreiro do 2017
Este
sábado temos unha cita coas competicións de robótica arredor de
Lego, unha vertente que amplÃa o coñecemento que temos da marca
(xeralmente ligado, pola nosa experiencia, ao fornecemento de bloques
de construción ou kits de pazas para crianzas e non tan crianzas)
cara aos amplos horizontes da creatividade, o enxeño e a
intelixencia artificial. A cita, como
fixemos saber os dÃas pasados dende Código Cero, será no
auditorio de Ferrol a partir das 9.00 horas. Trátase, máis polo
miúdo, dunha nova edición da First
Lego League Galicia, a
proba galega clasificatoria para
a gran final española que se celebra o 18 de marzo en Logroño.
Organiza Universidade da Coruña, a través da Escola Universitaria
Politécnica, a Facultade de Informática e a Escola Politécnica
Superior de Ferrol. Segundo fai saber a UDC, a
proba dará acubillo a unhas 600 persoas, das que 200 serán
participantes.
A
First Lego League é un programa internacional que promove a ciencia
e a tecnoloxÃa con dous desafÃos, un, o junior,
para os nenos e nenas de seis a dez anos e outro para estudantes de
dez a 16 anos. No
que se refire ao primeiro, contará coa presenza de dez equipos, sen
o desafÃo deseñar unha
maqueta Lego e explicar nun póster o aprendido no proceso. O
obxectivo é captar a curiosidade dos máis pequenos pola inventiva e
a tecnoloxÃa.
Na
sección de alumnado de dez a 16 anos, os trece equipos inscritos
teñen que realizar un proxecto cientÃfico cos animais como proposta
de tema e participar nunha competición de robots con Lego
Mindstorms. O xurado valorará a adquisición de coñecementos e de
valores compartidos. As salas do Auditorio de Ferrol acollerán desde
as 9:30 as diferentes probas e ás 13:45h. o reitor da Universidade
da Coruña, Julio Abalde, presidirá a entrega de premios aos
gañadores.
A
proba
First Lego League Galicia está organizada
por profesores da Escola Politécnica Superior, da Escola
Universitaria Politécnica e a Facultade de Informática e 65
voluntarios que colaboran no desenvolvemento da xornada. Xa pola
tarde, os alumnos participantes coñecerán, nunha visita guiada, as
instalacións do Campus de Ferrol.