A Festa do Boi de Allariz en Galicia360.com

xoves, 29 de maio do 2008 Raquel Noya

A web Galicia360.com que desenvolve a empresa Fotopanorama en colaboración co fotógrafo Ricardo Cambón, vén de sorprendernos coa pendura de novos contidos de panorámicas galegas para seren visionados, ao igual que viña facendo ata o de agora, en formato esférico e a pantalla completa.
Desta volta, Cambón ofrécenos a tódolos usuarios da súa peculiar web unha visita virtual da pasada edición da Festa do Boi de Allariz, máis iso si, con integración de son en directo e coa posibilidade de conxelar o movemento para ver a pantalla completa cada un dos integrantes de cada escena.
As imaxes desta festa foron tomadas dende o palco do Concello, dende onde tamén se filmaron as Charangas e Gaiteiros dando pé á troula polas rúas de Allariz.

PUBLICIDADE