A Facultade de Informática da UDC acolle este luns relatorios sobre as súas titulacións no eido europeo

venres, 16 de marzo do 2007

A Facultade de Informática da Coruña acolle este luns 19 (día do seu patrón, San Xosé) unha serie de relatorios encamiñados a explicar ós estudantes universitarios os avances no Espazo Europeo de Educación Superior relativos ás titulacións que se imparten no centro. Deste xeito, ás 18:00 horas, o decano da facultade, Alberto Valderruten, ofrecerá a conferencia A situación das titulacións en Informática nos planos actuais de converxencia europea. Seguidamente, Jesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, falara sobre Os colexios profesionais de Enxeñaría en Informática de Galicia ante a converxencia europea. As charlas terán lugar no salón de actos da facultade.

PUBLICIDADE