A FIC e máis dun cento de escolares celebran este sábado a Hora do Código
venres, 11 de decembro do 2015
A Facultade
de Informática da
Coruña acolle
este
sábado 12
ás 12:00 horas (ollo
á combinación significativa de números: día 12
do mes
12 ás
12 horas)
as
actividades de seu para celebrar o evento mundial Hora do Código,
como lembraremos un acontecemento transfronteirizo impulsado pola
organización Code.org para salientar as vantaxes de formar a nenos e
adolescentes na programación informática. As actividades da FIC, de
feito, concibíronse para dar acollida a nenos e adolescentes.
Segundo informa a Universidade da Coruña, un
grupo de traballo de
seu,
formado por profesores e alumnos de Informática, da Escola Técnica
Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e da Facultade
de Ciencias da Educación, axudarán aos máis de cen escolares
inscritos cos retos propostos
na páxina web Code.org.
“Serán retos moi
sinxelos”, sinala a UDC, “inspirados
en Star
Wars, Frozen, Minecraft,
etc. nos que hai que conseguir que un boneco virtual realice
distintas accións simples, como que recolla lixo pola pantalla
ou
que dea voltas mediante ferramentas de programación pensadas para
nenos”.
Trátase, engaden
os impulsores da iniciativa,
de introducir aos escolares na
linguaxe de programación Scratch,
da que temos falado en múltiples ocasións salientando a súa
vertente docente e ilustrativa acerca de en que consiste facer
informática.
O evento
está destinado para nenos e nenas de oito a catorce anos coa
finalidade de que se inicien na programación de computadores
“dunha maneira
sinxela, amena, divertida e directa durante unha hora”. Ademais,
segundo indican desde a Facultade de Informática, trátase de que
“este centro se converta nun punto de reunión para todos os
interesados na programación ou para aquelas persoas que queiran
simplemente coñecer este mundo”.
Para facilitar o
desenvolvemento do evento, a facultade pon a disposición de todos os
asistentes
computadores,
aulas e titores que guíen a actividade. Todos os participantes
recibirán ao remate un diploma acreditativo da súa participación.
Como recordaremos, a Hora do Código é
unha iniciativa de Code.org, organización internacional pública sen
ánimo de lucro adicada a promover as Ciencias da Computación en
colexios e institutos. Celébrase nesta semana en máis de 180 países
e o obxectivo deste ano é chegar aos 200 millóns de participantes
en todo o mundo.