A FCC determina ilegal que os operadores de telecomunicacións vendesen os datos de localización dos seus usuarios

luns, 3 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Ao desvelarse que o INE pretendía analizar os movementos dos cidadáns españois baseándose na información de localización dos seus teléfonos provocouse certa preocupación entre a cidadanía, pero nos EE.UU. a cousa ía moito máis aló, e desvelárase que T-Mobile, Sprint e AT&T vendían o acceso aos datos de localización dos teléfonos dos seus usuarios en tempo real, o que iniciou unha investigación da Comisión Federal de Comunicacións (FCC), que vén de concluír que varios operadores de telecomunicacións estaba a vulnerar a lexislación federal.
A FCC considera que o feito de que os operadores non tomasen medidas efectivas para protexer os datos de localización en tempo real dos seus usuarios supón unha violación da lexislación federal sobre protección da privacidade, e asegura que seguirán vixiantes para que este tipo de comportamentos non se repita.
A través da cesións de datos entre empresas, non EE.UU. existían servizos que permitían o seguimento da posición en tempo real de smartphones, o que estaban a aproveitar para verificar información de cidadáns vulnerando flagrantemente a súa privacidade, aproveitando o feito de que nos EE.UU. non existe un marco legal que protexa aos cidadáns como acontece na Unión Europea.

PUBLICIDADE