A Estrada acolle unhas xornadas sobre delitos contra a propiedade intelectual
mércores, 3 de abril do 2013
- O director xeral de Emerxencias e Interior inaugurou as xornadas sobre o tratamento dos delitos contra a propiedade intelectual
A
sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada) acolle
dende hoxe uns
encontros dirixidos a afondar na problemática da copia e uso non
autorizado de material protexido (musical, audiovisual,
literario) con licenzas de dereitos de autor tradicionais
(copyright). A cita, inaugurada polo director
xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva,
desenvólvese perante a presenza duns 150 asistentes e baixo o
seguinte epígrafe: Xornadas
sobre o tratamento dos delitos contra a propiedade intelectual e os
seus aspectos xurídicos e prácticos.
Segundo
salientou
Villanueva, “a
piratería é un dos problemas aos que as forzas e corpos de
seguridade se teñen que enfrontar na actualidade, polo que o
intercambio de información e experiencias permite avanzar na loita
contra estes delitos, así coma os coñecementos sobre identificación
e tipoloxía dos soportes dixitais, tanto legais coma falsos”.
O
obxectivo principal destes
encontros
é facilitar os coñecementos xurídicos e técnicos para proceder
neste tipo de delitos “coa
maior eficacia e garantía de éxito, no que se avanza igualmente na
identificación e peritaxe
do material falsificado, así como as novas modalidades de
delito
na materia”.
Os
encontros acollerán
análises
da normativa penal sobre propiedade intelectual, coas
súas peculiaridades procesais, dilixencias de investigación, así
como as características da propiedade intelectual; o papel da
Axencia Tributaria, e as súas ferramentas especificas e o control
destas actividades e a colaboración cas Forzas e Corpos de
Seguridade do Estado .
Nas
xornadas
participaran
prestixiosos
profesionais da materia coma son o maxistrado
titular do Xulgado de Instrución nº 38 de Madrid, Juan Antonio
Sáenz de San Pedro, o director do Departamento de Seguridade,
Investigación e Prevención do Fraude de PROMUSICAE-AGEDI, José
Luis Pérez Quintero; o adxunto xefe da Dependencia Rexional de
Aduanas e IIIEE en Galicia, Hermelino Alonso Eiras; a xefa da Unidade
Antifraude da Unidade Rexional Operativa de Vixilancia Aduaneira
en Galicia, Mónica Martínez Breijo.