A ESRB estrea aplicación para o iPhone

mércores, 2 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O organismo encargado de establecer a cualificación por idades nos videoxogos, a Entertainment Software Rating Board (ESRB) vén de estrear unha aplicación para o iPhone que permite consultar a súa base de datos de videoxogos, na que destacan os elementos que axudan a coñecer o por qué da cualificación dun xogo, de xeito que os pais téñeno moi doado para informarse se un xogo pode ser atinado para os seus cativos, e así evitar sorpresas tras a súa compra.
Aínda que en Europa non empregamos os criterios da ESRB, senón que contamos co código PEGI, a consulta da base de datos norteamericana pode resultar igualmente válida para os pais preocupados polos títulos que adquiren os seus cativos, de xeito que ao acompañalos nas compras pode facerse uso desta nova ferramenta para o iPhone, que achega unha información máis detallada que a mera etiqueta de cualificación por idade.


A aplicación para o iPhone facilita que os pais estean informados sobre os videoxogos en calquera lugar

PUBLICIDADE