A EGAP e AMTEGA forman en ciberseguridade a 70 persoas das administracións autonómica e locais
martes, 25 de abril do 2023
Até
setenta persoas empregadas públicas nas administracións autonómica
e locais e nas universidades de Galicia, participan dende este 25 de
abril na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na terceira
edición do curso superior de ciberseguridade.
O
curso foi inaugurado no serán deste martes 25 pola directora da
EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o xefe da
Área de Normativa e Servizos de Ciberseguridade do Centro
Criptolóxico Nacional (CCN), Pablo López; e o director do curso,
Gustavo Herva.
O
programa formativo, de 99 horas lectivas, está organizado pola
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en
colaboración co CCN e a EGAP.
A
axencia confirmou que ao igual que nas edicións anteriores, a
demanda de inscricións foi moi superior ao número de prazas
ofertadas. Así, Cerviño destacou o alto grao de satisfacción
amosado polas persoas que participaron nas convocatorias previas, que
avaliaron as clases telepresenciais cun 4,62 sobre 5. O director da
axencia autonómica destacou que “os contidos do curso están
aliñados coas necesidades actuais no ámbito da ciberseguridade en
Galicia, en España e en Europa”.
Pola
súa banda, a directora da EGAP destacou a importancia da formación
no eido dixital para o persoal público, xa que a pesar de que
existen medidas de protección fronte ás ameazas cada día xorden
novas vulnerabilidades que supoñen importantes retos de seguridade.
Ademais, a directora da Escola fixo fincapé na “necesidade de
ofrecer unha formación específica ao persoal empregado público que
realice funcións TIC ante a extensión da administración
electrónica e o incremento dos ataques informáticos”.
O
curso proporcionará ás persoas empregadas públicas unha visión
global da seguridade dos sistemas de información, das súas
vulnerabilidades, das ameazas e dos riscos que comporta o seu uso, ao
tempo que ofrece unha guía de boas prácticas para afrontar a
xestión destas situacións.
AMTEGA
e a EGAP lembran que os últimos datos indican que do total de
infraccións penais rexistradas ao longo de 2022, o 20% foron estafas
a través de medios telemáticos. Esta porcentaxe representa unha
cifra da case 19.000 delitos deste tipo.