A EGAP e AMTEGA celebran en setembro unha xornada de formación práctica sobre notificacións electrónicas

venres, 26 de agosto do 2022 S. P.

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), convocou unha xornada de formación práctica dixital (E‑martes) sobre notificacións electrónicas. A actividade, dirixida ao público en xeral e gratuíta, celébrase o 13 de setembro, en horario de mañá e de tarde, tendo sete horas de duración. As inscrición poden facerse até o día 8 do mesmo mes.
A xornada está dirixida a persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional e á cidadanía (profesionais e persoas interesadas na materia impartida).
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) abordará os seguintes contidos:

-Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.
-Notificacións por comparecencia.
-Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
-Sede electrónica.

PUBLICIDADE