A EEI da UVigo organiza unha xornada sobre as múltiples posibilidades das solucións abertas de xestión empresarial
martes, 22 de abril do 2014
A Escola de EnxeñarÃa Industrial da Universidade
de Vigo vai acoller unha xornada sobre OpenERP, que é a etiqueta
baixo a que comunmente englóbanse as ferramentas e servizos
tecnolóxicos libres (sen licenzas privativas) dirixidos a facilitar
os procedementos dunha empresa, xa sexa xestión de datos, ou ben
operacións, comunicacións, distribucións ou promocións. A Xornada
OpenERP celebrarase este venres 25 de abril en horario de 9.30 a
13.30 horas. O emprazamento elixido para as actividades é o salón
de actos da Escola de EnxeñarÃa Industrial.
A xornada comezará ás 9.30 co acto oficial de
apertura e a presentación de obxectivos e do programa. A
continuación, será a quenda de Rafael RodrÃguez, da Oficina de
Software Libre da Universidade, que falará sobre aplicacións de
código aberto no ámbito empresarial. Máis tarde, arredor das
10.30, intervirá Wilfredo Santana (da empresa AnubÃa Solucións na
Nube) para afondar a importancia dos sistemas ERP no dÃa a dÃa das
PEME. Arredor das 12.00 horas, falará Luis Eguizabal, profesor da
Escola de EnxeñarÃa, quen fará un repaso por todas as cousas que
poden facer estas ferramentas corporativas abertas no desenvolvemento
dunha empresa. Santiago Argüeso, de Pexego Sistemas Informáticos,
pechará a rolda de relatorios amosando os aspectos clave no impulso
preciso para un proxecto de implantación. Para rematar, arredor das
13.30 horas, celebrarase unha mesa redonda arredor das diferentes
solucións dispoñÃbeis a dÃa de hoxe en materia de OpenERP.
Lembrar, máis polo miúdo, que OpenERP é un
sistema de xestión empresarial (ERP) de código aberto que cobre as
principais necesidades das diferentes áreas da empresa:
contabilidade, ventas, compras, almacén, inventario, proxectos, CRM,
RRHH, TPV, tendas virtuais... Ademais, permite traballar mediante
unha interface web e trátase dunha solución multiplataforma
(Windows, Linux e Mac) e multilinguaxe. O obxectivo desta xornada
organizada pola Escola de EnxeñarÃa Industrial é que os asistentes
coñezan o verdadeiro potencial destas solucións e podan aplicalas
con éxito na súa actividade profesional.