A Disney publicará as súas series de televisión en Hulu
luns, 4 de maio do 2009
O fenómeno do
vÃdeo na Internet está a facer curiosas amizades, e o que fora unha broma
no pasado Primeiro de Abril, hoxe é unha realidade, pois a
Disney chegou a un acordo para publicar programas de televisión na plataforma
Hulu (actualmente o 3º portal de vÃdeo nos EE.UU., a
piques de chegar á 2ª posición), de xeito que tras a fiestra de
exclusividade dos contidos na NBC e na Fox, pasarán a poder verse a través da Internet,
nunha plataforma que está a trunfar alà onde YouTube fracasa: os contidos
profesionais.
AÃnda que YouTube supere esaxeradamente a calquera outro portal de vÃdeo (cun
volume de reproducións nos EE.UU. que multiplicarÃa por 15 o de Hulu),
economicamente é unha ruÃna, pois non consegue capitalizar os seus contidos
como para poder pagar os seus gastos de largo de banda (estimados nun millón de
dólares/dÃa), mentres que Hulu é capaz de conseguir maiores ingresos por ter un
enfoque moito máis tradicional e próximo á televisión, converténdose na
plataforma de facto para as series de
televisión na web.
A guerra polo vÃdeo na Internet está lonxe de rematar, pero Hulu demostrou que
a posición lÃder de YouTube non é inamovible, e dende Google deberÃan tomar
nota e reaccionar para evitar que os seus competidores distribúan os contidos
profesionais e de calidade, mentres que YouTube queda cos contidos xerados polo
usuario, cun atractivo moi inferior.