A Disney entrará no mundo da robótica con Wall·E

luns, 5 de maio do 2008 Marcus Fernández

Robot coa aparencia de Wall·E

Disney e Pixar procurarán repetir o éxito de Buscando a Nemo coa película Wall·E, protagonizada por un robot de limpeza moi simpático que servirá como entrada para Disney no mundo da robótica, pois comercializarán unha réplica do personaxe cinematográfico que se coñecerá coma Ultimate Wall·E e que se venderá por 189,99 dólares a partir deste verán (cando se estreará o filme).
O robot terá no seu interior 10 motores, o que lle permitirán unha enorme multitude de movementos. Poderase controlar remotamente e tamén poderá programarse o seu comportamento para que esquive obstáculos ou emita sons (conta con sensores infravermellos, de son e táctiles).

Wall·E tamén inspirou uns altofalantes bailaríns

Pero as persoas que gusten deste personaxe e non se poidan permitir mercar este orixinal robot caseiro, poderán conformarse co iDance Wall·E, que son uns altofalantes para reprodutores de MP3 que teñen a aparencia do robot de Pixar, pero se venderán só a 24,99 dólares e bailarán ao ritmo da música que se reproduza a través dos mesmos.

PUBLICIDADE