A Deputación de Pontevedra súmase ao festexo da Noite da Enxeñaría en Informática e á transformación TI da nosa terra
xoves, 12 de xuño do 2014
- Ana Isabel Vázquez deputada provincial, e Amancio Varela, xefe do servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra
Este venres 13 de xuño, Amancio Varela García, xefe do servizo de Novas Tecnoloxías de Deputación de Pontevedra participa na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia celebrada en Santiago de Compostela (unha cita anual organizada polo CPEIG e que conta co organismo provincial como entidade patrocinadora). Antes desta cita concedeunos unha entrevista para falarnos das innovadoras iniciativas tecnolóxicas da institución pontevedresa a prol da continua modernización da propia Deputación e dos Concellos de Pontevedra así como dos procesos produtivos e a promoción dos produtos e servizos das empresas da provincia.
-A que responde este interese da Deputación polo afianzamento e impulso da Sociedade da Información e das novas tecnoloxías?
-Desde
o ano 2008 a Deputación de Pontevedra ven marcando unha estratexia
clara pola optimización e modernización dos servizos públicos nas
Administracións Públicas tentando
pór
en marcha infraestruturas que dean soporte a todos estes servizos. No
presente ano 2014 estase a notar unha mellora ostensible na calidade
dos servizos que ofrece a Deputación e os Concellos de Pontevedra
grazas a plans como eDepo:
a administración nun “CLICK” ou depoTIC: a tecnoloxía nas
túas mans. Toda esta mellora viu acompañada dunha intensa xestión
do cambio para salvar as reticencias que os empregados públicos, as
empresas e os cidadáns en xeral teñen coa utilización das novas
tecnoloxías.
Con
esta mellora, palpable na actualidade, a Deputación de Pontevedra
reforza a súa aposta pola Sociedade da Información e do
coñecemento, o que vai redundar na optimización dos servizos
prestados ós cidadán e na mellora da competitividade e
produtividade das empresas da rexión, traducíndose en definitiva
nun maior benestar dos cidadáns de toda a provincia.
Queremos
optimizar os servizos públicos que prestamos a cidadáns e empresas
da provincia de Pontevedra, sobre todo innovando no que é a propia
Deputación e os propios Concellos logrando un importante aforro de
custes e a optimización de recursos. Todo elo coa posta en marcha de
ferramentas 2.0, de goberno 2.0 e de colaboración 2.0.
-Que proxectos ten a Deputación en desenvolvemento na actualidade tanto para a propia entidade como para as Administracións Locais? Podedes avanzarnos algo sobre a actividade TIC da institución para os vindeiros meses?
- Francisco Javier Couñago, Amancio Varela, Ana Isabel Vázquez, Begoña Estévez, Juan Gabriel Fernández e Jose Ramón Pérez durante a presentación de DepoTIC e DepoGAP
-Na
actualidade estase traballando en dous frontes moi importantes tanto
para a Deputación de Pontevedra como para os Concellos da provincia
e, tendo en conta
os servizos que estes ofrecen, para os cidadáns, empresas e
autónomos da mesma. De cara ás
Administracións cabe subliñar que estamos en pleno desenvolvemento
de proxectos como depoTIC: “A tecnoloxía nas túas mans”.
Unha
das iniciativas máis importantes é a posta en marcha do
Centro Provincial de Asesoramento Municipal en novas tecnoloxías
(CPAM) que
dá
solución ao
estado deficitario no que se atopan as infraestruturas tecnolóxicas
dos concellos, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento e a
implantación das TIC nas Administracións Locais e, desta forma,
eliminar a distancia entre cidadáns, empresas e Concellos.
Dentro desta iniciativa dáse servizo a 60 Concellos da provincia de
Pontevedra (todos agás
Pontevedra e Vigo) en catro actuacións clave: realización dunha
auditoría de sistemas e comunicación para coñecer
a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a definición dun plan de
mellora individual a partir de todos os datos recompilados con
propostas de mellora personalizada para cada un dos concellos, a
realización dun plan de mellora conxunto despois de obter os
resultados das actuacións anteriores e a posta en marcha dun Centro
de Atención ó Usuario (CAU) para dar soporte a todos os concellos
cun equipo de 12 persoas que prestarán atención de luns a venres,
cun horario continuado de 8:00 a 20:00 horas.
Non
quero deixar atrás un proxecto moi importante para a Deputación de
Pontevedra que decidiu dar resposta a unha necesidade marcada desde
os Concellos. Este proxecto é depoGAP:
“xestión de activos provinciais”
denominación que pon de relevo
a idea de control, eficiencia e
modernización da Administración que o proxecto achega.
A posta en marcha do mesmo permitirá mellorar a xestión dos activos
públicos xestionados polos Concellos
da provincia, controlando a eficiencia, modernización e contención
do gasto e proporcionándolles información para apoiar a toma de
decisións. Ademais, acadarase unha redución do impacto sobre o
medio ambiente das actividades de mantemento de activos públicos e o
reforzo da participación cidadá na xestión dos asuntos públicos,
incrementando a súa implicación na mellora dos servizos locais.
O
proxecto contempla tres liñas de actuación ben diferenciadas: a
implantación dunha ferramenta de xestión dos activos que incluirá
un cadro de mando intelixente que apoie a toma de decisións, o
inventariado dos activos de cada Concello
na propia plataforma e a posta en marcha dun portal web que permita
ós cidadáns a consulta de información relativa ós activos
municipais e que actúe como canle de comunicación entre estes e a
administración.
O
proxecto depoGAP está relacionado co concepto de Smart
Region.
O efecto das Smart
Cities ten
en España como un dos principais impulsores con múltiples proxectos
e casos de éxito, que contan
cun
claro reflexo na situación no que se atopa
a provincia de Pontevedra nestes momentos. Con depoGAP, a Deputación
de Pontevedra pon á primeira pedra dunha serie de proxectos
encamiñados a facer das cidades e concellos da provincia, cidades e
concellos eficientes con un desenvolvemento urbano baseado na
sustentabilidade
que
sexa capaz de responder axeitadamente
ás necesidades básicas de institucións, empresas, e dos propios
habitantes, tanto no plano económico, como nos aspectos operativos,
sociais e ambientais.
-Amancio, a Deputación ten aberta unha liña de actuación en apoio a empresas e autónomos coa posta en marcha en diferentes localidades da provincia da rede de centros CPAE 2.0, centros de asesoramento tecnolóxico. En que consiste a rede? Ademais deste, que outros proxectos están en marcha?
-Como
ben sabedes, dende o pasado mes de marzo, está en marcha o Centro
Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0)
orientado a prestación de servizos de información e asesoramento,
presencial e personalizado no ámbito TIC (Tecnoloxías da
información e Comunicación) e das Novas Tecnoloxías ás microPEME
e autónomos da provincia de Pontevedra. O CPAE 2.0 está formado por
un total de cinco puntos de atención situados en Cambados, Lalín, O
Porriño, Ponteareas e Vigo e complementados por unha oficina
coordinadora situada en Pontevedra. Para a prestación destes
servizos cóntase con 12 asesores TIC cualificados apoiados por un
equipo de coordinación ao
que poder remitir as consultas máis complexas e supervisan
a realización das propostas.
Dende
a posta en marcha dos centros CPAE 2.0 xa pasaron por estes mais de
300 empresas e estase asesorando ás 221 que o solicitaron,
resolvéndose un total de 268 consultas de distintas temáticas, que
van desde como ter presencia na rede Internet,
uso das redes sociais, ferramentas de xestión empresarial, comercio
electrónico, certificados dixitais, etc. Os centros CPAE 2.0,
ademais do propio asesoramento a microPEME
e autónomos, organizan actividades de capacitación tecnolóxica.
Neste senso, están xa previstas sesións informativas sobre DNI
electrónico, factura electrónica, banca en
liña,
redes sociais na empresa, presenza online,
etc., en función das solicitudes recibidas polas empresas que
visitaron as oficinas.
A
experiencia está sendo moi positiva en xeral e os primeiros
resultados avalan a posta en marcha de novas oficinas nalgunhas
das comarcas nas que temos un maior número de asesoramentos
solicitados.
Outra
das liñas de traballo en favor do eido empresarial é a posta en
marcha do Centro Comercio Virtual (CCV), que consiste nunha nova
canle de venda en
liña
para que os autónomos e as pequenas empresas poidan comercializar
servizos ou produtos típicos elaborados por eles. Para lograr este
obxectivo, o proxecto inclúe o acompañamento aos
produtores na introdución de produtos nas tendas virtuais co apoio,
entre outros, dun fotógrafo profesional e de dinamizadores contando
con equipamento para a toma de fotografías de calidade (caixas de
luz e cámaras fotográficas de alta resolución). O CCV disporá
dunha
parte específica para os produtores da comarca de Deza de cara a que
estes poidan dar saída os seus produtos e servizos típicos. Esta
liña de traballo enmarcase dentro do proxecto depoDeza co
que a Deputación pretende favorecer a unha comarca que ven sendo
unha das máis castigadas pola crise.
-Na idea de favorecer ás empresas tamén estase implantando o proxecto Smart Destinations Pontevedra. Cal é o obxectivo principal desta iniciativa?
- Un dos carteis do programa Smart Destinations
-Smart
Destinations é un proxecto innovador que ten como obxectivo
redefinir a forma na que actualmente se presenta a oferta turística
do destino Rías Baixas modernizándoa coa tendencia actual dos
destinos intelixentes. Desta forma, converterase ás Rías
Baixas nun destino turístico que contará cunha infraestrutura
tecnolóxica de vangarda que garante: o desenvolvemento sustentable
do territorio turístico, accesible para todos, que facilita a
interacción e integración do visitante coa contorna e incrementa a
calidade da súa experiencia no destino. Estamos construíndo unha
ferramenta que permita mellorar a súa presenza na web e que
proporcione ós turistas unha experiencia diferente que poderán
confeccionar segundo os seus gustos e necesidades. A plataforma Smart
Destinations, que verá a luz ao longo deste mes de xuño, será a
carta de presentación do destino Rías Baixas e de cada un dos seus
recursos turísticos.
Esta
plataforma conta con utilidades para os profesionais e intermediarios
onde as PEME
do sector turístico adheridas
ao
proxecto publicarán as súas ofertas na plataforma, os
intermediarios cargarán os seus propios produtos e os usuarios
profesionais recibirán información sobre reputación en
liña,
gustos e preferencias dos usuarios. Desta forma disporase dunha
oferta integrada de servizos turísticos integrando a todos os
axentes e servizos turísticos nunha única plataforma tecnolóxica.
Inclúe por suposto numerosas funcionalidades para o turista que
poderá acceder á plataforma a través da web e os dispositivos
móbiles, demandar servizos, realizar procuras, planificar a súa
viaxe, engadir comentarios, procurar recursos e configurar as súas
preferencias. Coa posta en marcha deste proxecto preténdese mellorar
o posicionamento da provincia no sector turístico, a rendibilidade
actual do sector nas Rías Baixas e a capacidade de prestarlles
servizos de calidade por parte das PEME
da provincia aos
turistas das Rías Baixas.
En
definitiva desde a Deputación de Pontevedra temos claro que hai
moito traballo que facer pero tamén sabemos que hai moito camiño
percorrido e xa están postas as bases dunha sociedade avanzada e
moderna o que fainos moito máis competitivos e produtivos.