A Deputación de Pontevedra remata xaneiro e comeza febreiro con dous novos cursos TIC

luns, 29 de xaneiro do 2024 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e coa promoción a través da rede social Pinterest.
As accións formativas inícianse este luns, 29 de xaneiro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, o pishing. O obxectivo deste taller é dar a coñecer o pishing, que é, en palabras da Deputación, “a forma máis sinxela de ciberataque e a máis perigosa e efectiva, polo que é preciso coñecer as formas en que se presenta para poder identificalo con eficacia e protexerse”. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
Por último, o martes 30, de 12.00 a 13.00 horas, celebrarase o taller Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest, onde Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con especialidade en mercadotecnia e dirección comercial, dará a coñecer Pinterest, unha rede social onde a imaxe é o máis importante. Ensinará a sacarlle o máximo partido e como implementala na estratexia de social media a través dos taboleiros e fotografías.

PUBLICIDADE