A Deputación de Pontevedra desenvolve 41 cursos TIC en outubro
martes, 6 de outubro do 2015
A Deputación de Pontevedra segue adiante coa súa
aposta a prol da formación TIC para os integrantes do tecido
produtivo da provincia, cubrindo un amplo abano de temáticas de
interese para o seu dÃa a dÃa (dende o comercio electrónico até o
uso comercial das redes sociais e dos buscadores). Deste xeito, o
organismo provincial está a pór en marcha estes mes outubro un
total de 41 cursos de novas tecnoloxÃas en seis localidades dentro
do programa do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE
2.0.
Máis en detalle, as actividades terán lugar en
Cambados, LalÃn, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. Estes
obradoiros desenvolveranse ao longo de todo o mes de outubro e están
encamiñados a preparar os empresarios e as persoas emprendedoras en
diversos aspectos das novas ferramentas dixitais que melloren e
optimicen o medre e a competitividade dos seus comercios e empresas.
Por temáticas, prográmanse obradoiros de dixitalización,
almacenamento na nube, comercio virtual, redes sociais, publicidade
en Google, mercadotecnia, fotografÃa para comercio virtual, comercio
electrónico, Google Calendar, Hootsuite ou Wordpress.
Os cursos realizaranse no Centro Exposalnés, en
Cambados; na aula universitaria da UNED, en LalÃn; no centro de
desenvolvemento local de Ponteareas; no multicentro do Concello do
Porriño; no Edificio Administrativo da Deputación, en Pontevedra; e
na sede de Vigo da Deputación.
Todas as persoas interesadas poden consultar as
datas dos obradoiros e información de interese na páxina
web dos centros CPAE 2.0 ou no correo electrónico
info@cpae20.depo.es.