A Deputación de Lugo convoca 1.340 persoas para acceder a Ben Empregado 4
mércores, 4 de abril do 2018
A
Deputación de Lugo inicia a semana vindeira as probas de selección
de Ben
Empregado 4,
a nova edición do seu programa de impulso e inserción laboral, con
frontes activas a ámbalas beiras do proceso (entre as persoas
demandantes, por unha banda, e entre as empresas e entidades diversas
con necesidades de profesionais, pola outra). Nas probas, que comezan
o 9 de abril, participarán 1.340 lucenses no paro. Póñense en xogo
185 postos de traballo, unha parte importante dos cales son
ocupacións ligadas directamente ás novas tecnoloxías da
información. Estas 185 vacantes veñen da man doutras tantas
empresas e colectivos sen arela de lucro de 37 concellos da
provincia.
Segundo
informa a Deputación, na web de seu (www.deputacionlugo.gal)
están publicadas as listaxes
de aspirantes seleccionados e excluídos, así como a data na que os
candidatos deberán presentarse ás probas.
Dos
1.340 aspirantes a estes empregos, 1.157 concorren á liña A1, na
que 127 empresas buscan outros tantos perfís de diversas profesións.
O Goberno da Deputación financiará ao 50% os custes laborais dos
traballadores durante un ano. Por
outra banda, 264
aspirantes concorren á liña B1, dirixida a persoas con capacidades
diferentes ou en risco de exclusión social. Neste caso, 19 empresas
ofrecen 19 empregos. Neste
punto e co fin de fortalecer obxectivos e a efectividade do programa,
o
Executivo provincial
financiará ao 100% os custos salariais destes profesionais,
“favorecendo a igualdade de oportunidades”.
Finalmente,
serán 650 demandantes de emprego optan aos 39 postos de traballo da
liña 2, que demandan 39 asociacións da provincia, que recibirán o
90% da axuda da Deputación.
O
orzamento da Deputación para cubrir os
custos laborais dos novos traballadores é
de
2,4 millóns de euros (ao
cen por cen no caso de
contratos
a persoas con capacidade diferentes, ás
que están
risco de exclusión social e ás que retomen a súa actividade
laboral en colectivos socias; e
nun
50% cando as contratacións sexan a desempregados lucenses en xeral).
Os empregos a crear abranguerán todos os sectores, incluído o das
novas tecnoloxías. De feito, impulsaranse novamente os comunity
managers, os
técnicos en informática, os
programadores, os deseñadores gráficos, etc.