A Deputación de Lugo conclúe a nova edición do evento virtual Musapalabra
luns, 28 de xaneiro do 2019
Este
luns 28 de xaneiro finalizou o Congreso
Musapalabra, unha actividade de debate e divulgación arredor das
artes impulsada pola Rede MuseÃstica da Deputación de Lugo e
coordinado por 79 profesionais procedentes de museos, universidades e
entidades de todo o mundo (paÃses como México, Costa Rica, Uruguai,
Arxentina, Brasil, España, Italia, Portugal, Andorra ou Siria),
amais de artistas a tÃtulo individual. O
congreso, que xuntou 437 persoas inscritas, xirou nesta edición
arredor da temática da emigración. Como gran novidade, incluÃu
un formato especialmente innovador.
Este
formato elixido brindou aos asistentes acceso a videoconferencias, un
espazo común de clases virtuais e conferencias na rede YouTube.
Amais, achegouse aos participantes material complementario e varios
foros en directo, que se mantiveron activos por escrito en tempo
diferido.
O
éxito congreso, que se leva desenvolvendo dende o 14 de decembro de
2018, sentou os alicerces da nova edición, que segundo confirmou a
Deputación vai repetir feitura innovadora e, ademais, co engadido
extra de fornecer un escenario real e dixital para o debate e a
reflexión sobre cuestións de xénero, primeiro virtualmente e,
posteriormente, en formato presencial no vindeiro mes de maio.
A
coordinación xeral do Congreso Virtual Musapalabra Migración estivo
a cargo de Encarna Lago e Silvia Fiallega da Rede MuseÃstica, e de
Leonardo Casado como membro da Asociación Trabajadores de Museos y
el Observatorio de Museos Universitarios de la Universidad Nacional
de La Plata e Patricia Torre que pertence a rede de Museos Creativos.
Para a realización deste proxecto contouse coa colaboración na
secretarÃa xeral técnica do congreso presencial de Silvia Fiallega,
Fernando Arribas e Antonio Reigosa.