A Deputación de Lugo achega 300.000 euros aos concellos para garantir a Administración electrónica
luns, 17 de outubro do 2016
O pasado
venres o Executivo da Deputación de Lugo aprobou
na Xunta de Goberno os 66 convenios cos 66 concellos da provincia de menos de
20.000 habitantes do Plan das TIC, programación de cooperación cos
municipios a través da cal o organismo provincial concede ás entidades locais fondos
para que cumpran coas leis do Procedemento Administrativo Común e de do Réxime
XurÃdico do Sector Público.
Estas
normativas obrigan aos Concellos a contar con sedes electrónicas, rexistro
telemático, sinatura dixital, asà como ter dixitalizada toda a documentación ou
garantir a interoperabilidade entre administracións. É dicir, que entre as
mesmas custodien e compartir a información dos cidadáns para non terse que
presentar reiteradamente. Ademais, os cidadáns poderán saber en que punto se
atopa o seu trámite cun só clic, sen necesidade de desprazarse á
administración.
Programa Innova-TE
O vicevoceiro
e Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, informou dos avances que supoño o
programa Innova-TE nos 47 municipios que decidiron sumarse, recibindo entre
3.300 e 9.000 euros en función dun criterio obxectivo de distribución de
fondos.
Tamén amostrou o funcionamento dunha das sedes electrónicas posta en marcha a
través do programa para exemplificar o que poderán facer os veciños dos 66 concellos
que se sumaron ao Plan das TIC antes de finais de ano. Concretamente accedeuse
á sede electrónica da Pontenova, que permite aos veciños pedir por Internet
unha licenza de obra menor, subvencións, ocupación de vÃa pública..., entre
outros trámites.
De toda a ampla oferta, o Deputado solicitou un certificado de empadroamento.
Para esta solicitude é imprescindible dispor dun certificado dixital ou do DNI
electrónico. A continuación, e de xeito completamente automático, o portal
municipal creou un número de rexistro, informando ao traballador público da
solicitude realizada. A través un código de barras o cidadán coñece en que
punto se atopa a súa petición.
Non só sedes electrónicas
A través do programa Innova-TE, o Goberno Provincial non só levou ás sedes electrónicas, portais web ou a banda larga aos concellos, senón tamén os dotou de equipamento, ofreceu formación aos traballadores públicos e levou a cabo campañas de sensibilización cidadá. Os fondos deste programa tecnolóxico fixeron posible, ademais, a creación do primeiro Centro de Innovación Social (In Lugo), que ofrece formación gratuÃta sobre novas tecnoloxÃas a unha media anual de 3.000 maiores da provincia; asà como do Portal de Transparencia ou a factura electrónica, entre outras moitas iniciativas.