A Deputación da Coruña apoia a creación da Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial

venres, 22 de decembro do 2023 Redacción

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade o convenio de colaboración entre a institución provincial e a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña para cofinanciar o proxecto de creación e posta en marcha dunha Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial.
O orzamento total deste proxecto, que se enmarca no Plan de Emprego Local (PEL), ascende a 100.500 euros, dos que a entidade provincial achega o 36 %, que supón unha achega de 37.000 euros.
A creación desta nova Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial (OPTI), obedece á necesidade de desenvolver un plan de promoción industrial na provincia da Coruña e a súa área de influencia. Estará xestionada pola propia Fundación e a súa localización será
A OPTI será un espazo pensado para abordar de maneira proactiva a promoción e a atracción de investimentos, que asumirá un rol facilitador á hora de aglutinar información relativa a factores de localización industrial da área; un rol promotor ao ser a canle de difusión e comunicación sobre o atractivo investidor da área, e ademais actuará como lobby á hora de ser axente impulsor de actividades para o desenvolvemento industrial.
A oficina terá función tamén funcións de controller, sendo o principal encargado de levar a cabo o seguimento sobre o avance das medidas expostas no Plan estratéxico de promoción industrial.

PUBLICIDADE