A DXT lanzará unha nova páxina web o vindeiro 1 de xullo

luns, 16 de abril do 2007

O primeiro día de xullo de 2006 entraba en vigor o permiso por puntos en España, unha medida levada a cabo pola Dirección Xeral de Tráfico que pretendía reducir o número de mortes por accidente nas estradas, obrigando a conducir mellor e con máis prudencia.
Agora, o vindeiro día 1 de xullo, logo dun ano levando a cabo esta medida, a DXT ten previsto lanzar unha nova web máis funcional, traducida ás linguas cooficiais de España e na que se reordenarán os contidos da páxina anterior a fin de acadar unha tramitación máis eficiente e eficaz.

PUBLICIDADE