A Coruña terá un Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía

venres, 20 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A avenida coruñesa de Labañou acollerá no edificio Prisma de Cristal o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, asinándose hoxe para tal fin un protocolo na casa consistorial sita na Praza de María Pita, nun acto no que o alcalde herculino, Javier Losada, se xuntará co secretario de Estado de Universidades, Miguel Ángel Quintanilla, e o presidente da Deputación, Salvador Sánchez Moreda.
A Coruña designárase coma ubicación do Museo fronte a outras candidaturas como as de Barcelona, Valencia ou Sevilla, aínda que o emprazamento definitivo non estaba fixado, agardándose unha situación no núcleo urbano, o que finalmente se acadou co edificio Prisma de Cristal, que dedicará preto de 5.000 metros cadrados de superficie á Ciencia e a Tecnoloxía.

PUBLICIDADE