A Cooperativa Farmacéutica Galega aposta por R

luns, 2 de xullo do 2007

A Cooperativa Farmacéutica Galega (COFAGA) vén de confiar á empresa R as súas comunicacións de voz e datos, concretamente nas sedes que a entidade ten na Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol. Así o fixo saber a operadora este luns 2 de xuño nunha nota de prensa na se informa polo miúdo dos detalles do acordo, en virtude do cal a cooperativa anova a súa infraestrutura de telefonía con terminais IP e cunha central telefónica de alta capacidade, amais de habilitar unha rede interna de datos entre as súas sedes, “que quedarán conectadas coa rede de fibra óptica de R e respaldadas por un sistema para que a actividade non se interrompa no caso de incidencias”, sinala R.

PUBLICIDADE