A Comisión Europea podería quitar a rede telefónica ás operadoras tradicionais

mércores, 31 de outubro do 2007

A comisaria europea de telecomunicacións, Viviane Reding, proporá á Unión que se apoie a división das operadoras tradicionais en dúas grandes empresas, separando a xestión das infraestruturas da explotación comercial das mesmas, para asegurar a libre competencia e o abaratamento dos prezos.
Esta iniciativa se ve con bos ollos dende as operadoras alternativas a Telefónica que veñen denunciando dende hai anos que a operadora pon atrancos ó desenvolvemento dos seus competidores mentres que Telefónica asegura que tal medida non garantirá os investimentos en melloras de infraestruturas.

PUBLICIDADE