A Coalición de Creadores deseña o superportal de contidos dixitais que prepara Cultura

xoves, 17 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A primeiros de xaneiro comezará a montarse un superportal de contidos (música, películas, videoxogos e libros) en descarga que adiantara a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, durante a polémica sobre o anteproxecto de Lei de Economía Sustentable, e do que agora sabemos que estará deseñado pola Coalición de Creadores, entidade que agrupa a SGAE, EGEDA, Promusicae, FPA, ADIVAN e ADICAN, e que consideraron a máis axeitada para tal labor por pertencer á mesma os propietarios dos contidos do futuro portal, ao que poderían adherirse unhas 30 tendas en liña que actualmente están en funcionamento vendendo contidos dixitais.
Deste xeito, o futuro superportal tamén funcionaría coma «agregador e buscador» de cine, música, videoxogos e libros, remitindo ao usuario á web da tenda que vende os contidos localizados.

PUBLICIDADE