A CiberIrmande sinala que El País discrimina á nosa lingua

luns, 26 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

A CiberIrmandade da Fala (plataforma comprometida co uso da nosa lingua na Rede) vén de situar ó xornal El País (edición en papel e dixital) no seu punto de mira e a solicitar a axuda da comunidade internauta galega co fin de pedirlle á dita publicación un emprego respectuoso do galego. A raizame desta campaña (coa que podemos colaborar enviando un requerimento) ésta na posta en marcha dentro do xornal da Edición Galicia na que se ofrecen novas, reportaxes e artigos sobre a nosa terra en lingua castelán e relegando “o galego ós complementos, non valendo para a informaçon diária e estando vetado o seu uso nas colaboraçons e nos artigos de opiniom”, segundo sinala a CiberIrmandade.
Para este colectivo, non é comprensible nin asumible que o galego sirva só para determinados espazos sobre lecer ou cultura e non para temáticas como tecnoloxía, economía ou mesmo información diaria.

PUBLICIDADE