A CiberIrmandade convoca ós redeiros galegos para a tradución do Fireboard

luns, 17 de decembro do 2007 Fernando Sarasketa

A Internet pode ser tan galega como calquera outro asunto tecnolóxico que teña que ver coa información, e o proceso comeza polos alicerces mesmos dela e polos dos programas que operan sobre ela. Por exemplo: o Fireboard, que é un compoñente do Joomla (xestor aberto de portais e de contidos) e está a ser obxecto dun proceso íntegro de tradución por parte da CiberIrmandade, o colectivo de internautas galegos.
Cómpre sinalar que a translación do Fireboard, que permite integrar un foro no eido dunha páxina web de xeito doado, require –como calquera outro programa- cantas máis mans e máis ollos mellor, polo que a CiberIrmandade está neste intre a solicitar a axuda dos usuarios da Rede para traballar nas 800 liñas de código (aberto) que inclúe.
O Fireboard, que permite pór en marcha foros como este, ten (entre outras moitas) estas características:
· Deseño amigábel. É semellante ós foros SMF pero cunha estrutura máis sinxela. Nuns poucos pasos podes modificar a imaxe e estilo dos Foros.
· Sen limites de subcategorías cunha boa administración no xestor.
· Boa integración de módulos e mambots.
· Posibilidade de RSS e PDF.
· Banners e publicidade nos foros.
· Foros destacados.
· Estatísticas de visitantes.
· Últimos posts.
· Integración co CB comunity builder.

PUBLICIDADE