A Catedral de Santiago puido visitarse virtualmente no Museo Metropolitano de Arte de Nova York

luns, 15 de novembro do 2010 Redacción

Xunto ao xerente Ignacio Santos aparecen Jose Suarez (Xacobeo), John Dagenais (Universidad de UCLA),John Williams (Universidad de Pitsburg), Itay Zaharovita (Desarrollo Tecnico de la reconstrucción virtual en la Univ de UCLA), Fernando Lopez Alsina (Univ. Santiago), Charles Little (Conservador Dpto Arte Medieval del Metropolitan), Nancy Wu (Conservadora Metropolitan).

O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, participou no acto de presentación dun proxecto que inclúe unha maqueta virtual da Catedral Románica de Santiago do ano 1211 hoxe en Nova York. Esta iniciativa forma parte do programa Celebrating the Cathedral of Santiago de Compostela, que se celebra no Museo Metropolitano de Arte deNova York (MET).
Na súa intervención, o director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, abordou aspectos como o significado do Xacobeo 2010, así como a conmemoración deste oitavo centenario.
Tamén interviñeron no auditorio do MET os responsables deste traballo virtual, realizado polo Experimental Technologies Center de la Universidad de California, en Los Ángeles. A dirección do proxecto correu a cargo do xefe desta institución académica, John Williams, historiador de arte; o catedrático da Universidade de Santiago Fernando López Alsina; e o arqueólogo da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo José Suárez Otero.
O proxecto constitúe unha reconstrución virtual do exterior e o interior da catedral e o seu ámbito urbano, tal e como era no momento da consagración da igrexa románica. E inclúe tamén unha recreación virtual, en proceso, das igrexas prerrománicas que conformaron o santuario de Santiago antes da construción da catedral do Medievo.
A presentación encadrouse no programa de tardes monográficas, con conferencias e concertos, que organiza o museo.

PUBLICIDADE