A Casa Branca ábrese ás preguntas cidadás
mércores, 25 de marzo do 2009
A chegada de
Barack H. Obama á presidencia dos EE.UU. supón un antes e un despois para o
xeito de entenderse a polÃtica a escala global, para moitos que aseguran que
boa parte do éxito deste polÃtico foi a súa aposta pola Rede para chegar aos
seus simpatizantes, polo que non deberÃa sorprender que abrisen un apartado na web da Casa Branca
chamado Open for Questions
no que permiten que os cidadáns poidan remitir preguntas ao seu presidente, de
xeito que as contestará mañá nunha sesión de vÃdeo que poderase seguir a través
da Internet e que na súa primeira sesión centrarase na economÃa (e as medidas
que a Administración norteamericana está a tomar, e que afectan máis
directamente aos cidadáns).
Este novo experimento da páxina web da Casa Branca está a ter bastante éxito,
aÃnda que parece evidente que o presidente Obama non será quen de responder en
persoa as máis de 20 mil consultas (votadas por uns 685 mil usuarios e
agrupadas por categorÃas temáticas para unha mellor organización) que se
dirixen á súa persoa neste momento a través desta canle de comunicación, aÃnda
que supomos que as cuestións con maior apoio popular si serán atendidas,
destacando que a
plataforma de preguntas está autoxestionada polos propios cidadáns
(que poden marcar se consideran axeitada ou non cada unha das preguntas
remitidas).
O presidente dos EE.UU. anunciando a apertura desta nova canle de comunicación coa súa Administración