A Carballeira de Santa Minia recibe este martes a visita do bus da TDT

luns, 16 de novembro do 2009 Fernando Sarasketa

A Carballeira de Santa Minia do concello de Brión acolle este martes 17 de novembro a visita dun vehículo encamiñado a informar polo miúdo das vantaxes, das funcionalidades de dos xeitos de tirarlle partido á Televisión Dixital Terrestre. A chegada do autobús, froito dunha iniciativa de divulgación tecnolóxica do Ministerio de Industria (con vistas a facer o máis doado posible o proceso de transición á TDT), estará accesible para a cidadanía entre as 9.00 e as 15.0 horas. O vehículo, duns oito metros de lonxitude, achega información sobre os pasos que teñen que dar as familias de Brión para afacérense á dita tecnoloxía.
Ese é, precisamente, o gran obxectivo da iniciativa móbil: resolver tódalas dúbidas que poidan xurdir sobre o apagamento analóxico, proceso previsto para o 3 de abril do ano vindeiro e dirixido a substituír a televisión que todos e todas coñecemos (a do número moi limitado de canles, as habituais interferencias e a escasa interactividade) pola nova, a dixital, máis ampla de contidos, de meirande calidade (de imaxe e son) con maior marxe para a participación.

PUBLICIDADE