A Cámara de Santiago organiza en decembro unha xornada sobre publicidade en redes sociais con Javier Rocamora

martes, 21 de novembro do 2023 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o mes de decembro unha xornada formativa sobre Como facer publicidade en redes sociais para atraer máis clientes ao noso negocio (aproveita o Kit Dixital). Será o día 12 de decembro en formato en liña e en horario de 10.00 a 11.30 horas. Os contidos inclúe nocións sobre como facer publicidade axeitada nas redes e nocións, sobre como levar a cabo unha campaña (que anunciar, para quen, como facelo, cando, onde... e sobre todo por que), sobre como elaborar un orzamento, sobre tipos de campaña (CPC, CPM, formularios, chamadas, outras...), sobre que tipo de redes sociais elixir e sobre como definir audiencias.
Tamén se achegará unha breve visión dos distintos sistemas publicitarios en cada rede social e máis trucos e consellos para obter mellores resultados nas campañas publicitarias. A xornada inclúe a maiores información sobre as solucións do Kit Dixital (Red.es) e unha quenda de preguntas.
O relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 En Punto.
Esta xornada está organizada porla Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, programa financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation UE. Kit Dixital é un Programa do Gobierno de España, xestionado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial. O Programa Kit Dixital está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros.

PUBLICIDADE