A Cámara de Santiago móstranos nunha xornada as vantaxes da factura electrónica

xoves, 3 de febreiro do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o vindeiro xoves 10 de febreiro unha actividade formativa e divulgativa que pon o foco nas ferramentas dixitais que facilitan o día a día das empresas. A xornada Beneficios e futuro da factura electrónica abordará o propio concepto de eFactura, as situacións nas que é obrigatoria, as súas vantaxes e o seu presente e o seu futuro a través dun exemplo práctico. Celebrarase en horario de 10:00 a 11:30 horas.
Trátase dunha xornada en liña e gratuíta, organizada pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coas Oficinas Acelera Peme (OAP) impulsadas dende a entidade estatal Red.es.
As persoas encargadas de impartir os contidos serán Sergio Ruiz (responsábel en España de B2 Brouter, empresa especializada no intercambio de documentos electrónicos, amais de ser un dos grandes referentes actuais do sector da facturación electrónica. e o reporting fiscal electrónico) e Aleix Gasset (responsábel do departamento de mercadotecnia de B2 Brouter, con máis de 7 anos de experiencia no sector da factura electrónica e un gran coñecemento da plataforma B2 Brouter e as necesidades dos usuarios).
As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

PUBLICIDADE