A Cámara de Santiago móstranos como introducir as tecnoloxías intelixentes na nosa empresa

luns, 7 de marzo do 2022 S. P.

Este venres 11 de marzo a Cámara de Comercio de Santiago celebra unha xornada para favorecer a transformación tecnolóxica das empresas, poñendo o foco nas posibilidades que abren as ferramentas de análise de datos para facelas avanzar en competitividade, eficiencia e rendibilidade.
A xornada Intelixencia de negocio nas pemes celébrase en horario de 10.00 a 11.30 horas e inclúe, a xeito introdutorio, unha presentación da Oficina Acelera Peme, iniciativa de dixitalización empresarial impulsada por Red.es e na que colabora a Cámara de Santiago, entre outras moitas entidades galegas e estatais.
Por contidos, abordaranse temáticas como a intelixencia de negocio, as ferramentas de análise de datos a gran escala (Big Data), as aplicacións máis empregadas e que mellor lle acaen ao noso negocio, os custes de implantación por usuario ou as metodoloxías de dixitalización máis sinxela das que podemos botar man. O relator é Roberto Alonso Vázquez, economista e director de Expert Team.

PUBLICIDADE