A Cámara de Santiago móstranos como facer experimentos web rápidos para validar modelos de negocio
mércores, 13 de xullo do 2022
O
vindeiro 22 de xullo a Cámara de Comercio de Santiago organiza unha
nova actividade formativa para facernos avanzar no manexo da
tecnoloxÃas que nos axudan a ser máis competitivos, eficientes e
rendÃbeis. Trátase da sesión Como
facer experimentos web rápidos e baratos para validar ideas e
modelos de negocio. Desenvolverase en horario de 10.00 a
11.15 horas e incluirá unha presentación da Oficina Acelera PEME
(o programa de Red.es do que xorden estes obradoiros, en colaboración
con entidades como a Cámara de Santiago) e unha introdución ás
metodoloxÃas áxiles e ciclos de iteración para validar ideas e
modelos de negocio.
Tamén
se introducirá aos asistentes no deseño de experimentos de
validación (definición de obxectivos, hipóteses/preguntas e
métricas) e mostraránselles exemplos de experimentos web concretos
para validación, cun caso práctico.
Relatores
Alejandro
GarcÃa Soto: socio en Despunte diseño e ingenierÃa.
Responsábel da área de deseño e desenvolvemento de produto nos
servizos a terceiros e proxectos propios como Anzol: o marketplace
nacional de servizos de fabricación baixo demanda.
Carmen
Araquistain Portela: socia en Despunte diseño e ingenierÃa.
Responsábe de desenvolvemento de negocio e comunicación en Despunte
y Anzol.
As
Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo
Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade
Pública Empresarial Red.es.