A Cámara de Santiago mostra nun curso como facer visíbel unha web na Internet

venres, 27 de outubro do 2023 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago vai celebrar o vindeiro 3 de novembro, venres, unha xornada online e gratuíta sobre como facer máis (e mellor) visíbel as webs da nosa empresa nos buscadores e noutras ferramentas e servizos en liña. A xornada O que todo o mundo debería coñecer para posicionarse na Internet desenvolverase en horario de 10.00 a 11.30 horas e incluirá unha presentación do programa Kit Dixital, no que participa a entidade cameral co obxectivo de favorecer a transformación TIC das firmas da demarcación.
Por contidos, incluiranse nocións sobre como facer unha auditoría SEO (analizar a nosa nosa web para saber onde estamos a fallar), ferramentas para verificar a posición que ocupa a nosa páxina, conceptos básicos de rendemento e estratexias para posicionar a nosa web (SEO On-Page), entre outros temas.
O relator será Alberto Pampín, graduado en Informática e profesional freelance do posicionamento (SEO) web.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE