A Cámara de Santiago e Javi Rocamora mostran como crear imaxes e vídeos atractivos

mércores, 3 de maio do 2023 S. P.

A Cámara de Santiago vai organizar a vindeira semana, o 9 de maio, o curso Como crear imaxes e vídeos atractivos para as redes sociais, abeirado á actividade da Oficina Acelera PEME da entidade cameral (impulsada a través do acordo con Red.es). Tocaranse contidos como as posibilidades visuais das redes sociais, como deben ser as imaxes (formatos, calidade, tamaño e resolución), tipos de imaxes, fundamentos do storytelling (as imaxes contan unha historia), claves básicas para crear vídeos atractivos, mensaxes baleiras, uso do humor (elemento clave), como manexar equipos técnicos básicos e sinxelos para crear imaxes e vídeos, fecuencia e plataformas para a publicación de vídeos, uso da música e recursos da Rede.
O relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial Las 3 en Punto.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe en Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

PUBLICIDADE