A Cámara de Santiago aborda nunha xornada a vertente legal do proceso de transformación empresarial
xoves, 17 de febreiro do 2022
A
Cámara de Comercio de Santiago vai organizar unha actividade
formativo-divulgativo que pon o foco na vertente regulamentaria que
cómpre atender nos procesos de transformación do noso negocio cara
ao novo escenario TIC. A xornada
en liña Aspectos legais na dixitalización da túa empresa
celebrarase o vindeiro 24 de febreiro, en horario de 10.00 a 11.00
horas. Incluirá a presentación da Oficina Acelera Peme, que é unha
iniciativa conxunta de Red.es con todo tipo de entidades (incluÃda a
entidade cameral) para favorecer a adaptación do tecido produtivo á
Sociedade da Información.
A
persoa encargada de impartir os contidos será Ramón Rey GarcÃa,
avogado de AUSUM, especialista en Dereito Civil. Ramón Rey
desenvolveu a súa carreira profesional na Axencia Española de
Protección de Datos e Castelao Avogados, boutique xurÃdica
especializada en dereitos de autor e dirixida ás industrias
culturais e tecnolóxicas.
Contidos
1.
Propiedade intelectual dos bens intanxÃbeis.
2.
Rexistro de marcas e signos distintivos.
3.
Lei de Consumidores e Usuarios. Honra, Intimidade e Propia Imaxe das
persoas xurÃdicas
4.
Lei de Servizos da Sociedade da Información e LOPD.
As
Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo
Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade
Pública Empresarial Red.es.