A Cámara da Coruña presenta nova páxina web

luns, 4 de outubro do 2021 S. P.

A Cámara da Coruña puxo en marcha a súa nova web, un proxecto abeirado ao Plan de Renovación Tecnolóxica da entidade, que se dirixe a mellorar a calidade dos servizos que ofrece, por unha banda, e a optimizar a súa operativa interna, pola outro. Deste xeito a entidade propúxose que a dixitalización de todos os seus procesos sexa unha realidade ao longo de 2021.
Un dos primeiros pasos foi a remodelación da súa páxina web para facela, en palabras da organización cameral, “máis dinámica, áxil, intuitiva, telemática e accesíbel”, ao tempo que máis simplificada en materia de procedementos de xestión e administrativos.
Ademais, a entidade puxo en marcha unha nova aplicación móbil, compatíbel con iOS e con Android, que permitirá acceder, coas mesmas características de sinxeleza e axilidade, a todos os contidos da web e realizar calquera xestión. “Trátase”, sinala a entidade, “dun importante paso nesta estratexia de modernización tecnolóxica que contará cun avanzado servizo de seguridade na Rede, o que permitirá aproveitar todas estas novas funcionalidades con tranquilidade, desde calquera lugar e a través de calquera dispositivo”.

PUBLICIDADE